Río Guadiaro
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Cádiz, España e Provincia de Málaga, España | |||
Localización | Serranía de Ronda | |||
Final | ||||
Localización | Mar Mediterráneo | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 80 () km | |||
Medicións | ||||
Caudal | 30 m³/s | |||
O Guadiaro é un río español das provincias de Málaga e Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía, que desauga directamente no mar Mediterráneo, logo dun percorrido de 173 km.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Guadiaro nace da confluencia de varios regos de montaña na serranía de Ronda, na Málaga, a uns 825 m de altitude, nas proximidades da localidade de Arriate. Corre primeiramnete en dirección lixeiramente inclinada para o sueste, e vai encaixado entre as montañss que o flanquean, que forman parte da serra de Líbar pola súa marxe dereita e da mesma serranía de Ronda pola esquerda. Ao entrar na provincia de Cádiz, efectúa unha ampla curva cara ao sur, entrando ao tempo en terreo menos abrupto. Nun curto traxecto final fai de límite entre as dúas provincias. Desemboca ao sur do cabo Sardina, no litoral oriental de Cádiz, na localidade de Sotogrande, formando un pequeno estuario.
O seu val foi aproveitado para trazar a vía férrea entre Ronda e Alxeciras.
Afluentes principais
[editar | editar a fonte]Pola esquerda:
- Guadalevín, tributa as súas augas na cabeceira, logo do formar o "tajo de Ronda", de 26 km de lonxitude.
- Genal, no curso inferior, con 53 km de curso.
Protección ambiental
[editar | editar a fonte]Parte da conca media do Guadiaro está incluída dentro do Parque Natural da Serra de Grazalema, e o estuario, entre a localidade de Guadiaro e Sotogrande, conforma a Paraxe Natural do Estuario do Guadiaro, a máis pequena das paraxes naturais de Andalucía con tan só 27 ha de área. Porén, téñense sinalado graves deficiencias, como as verteduras das localidades ao seu paso, especialmente os que proveñen, a través do Guadalevín, desde a cidade de Ronda, a punto de ser corrixidos por medio dunha depuradora.
No estuario, que presenta fauna e flora de grande interese, detéctase a presenza de especies invasoras, como os Cortadeira (Cortaderia seollana).
Localidades que atravesa
[editar | editar a fonte]O encaixado do río, que non se abre en vales importantes, non propiciou o asentamento de localidades importantes. A destacar Benaoján e Cortes de la Frontera, ambas dúas poboacións malagueñas.